COMIDA NO CASTELO DE MACEDA
Novas
04/10/2022

O venres 23 de setembro, celebramos a xa tradicional comida que o compañeiro Xosé Bieito Seara organiza todos os anos en colaboración co Colexio, no restaurante do Hotel Monumento Castelo de Maceda e que como consecuencia da pandemia quedou suspendida en 2020 e 2021.
Como en anos anteriores resultou ser unha divertida e animada reunión entre compañer@s á que ademais de asistir os membros do equipo directivo actual do Colexio, contamos coa presenza de Miguel Anxo Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas.