Consumidores e usuarios

De acordo coa lexislación estatal e autonómica reguladora dos colexios profesionais, o Colexio de Economistas ten entre os seus fins esenciais a protección dos intereses dos consumidores e usuarios dos servizos dos seus colexiados.

A interposición dunha queixa ou reclamación pode facerse por correo electrónico ou carta no Colexio de Economistas:

Avda. da Habana, nº 30 - 1º B, 32003 Ourense
Telf.: 988 214844 | Móbil: 604 068 823| colourense@economistas.org

O escrito deberá indicar o nome do denunciante, identificar ao economista obxecto da denuncia e especificar de forma clara os feitos contrarios ás súas obrigacións profesionais que se lle imputan. Pode utilizarse o formulario dispoñible na sección documentos.

Ademais, para calquera reclamación sobre os seus dereitos pode recorrer ás organizacións de consumidores e usuarios. Na seguinte ligazón da páxina web do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade pode obter información sobre os organismos ante os cales pode tramitar a súa reclamación.

Documentos