Quenda Actuación Profesional
A Quenda de Actuación Profesional (TAP) é un servizo que o Colexio de Economistas estableceu para atender as peticións de traballo profesional que se realicen por calquera persoa física, organismos e entidades públicas e privadas cara aos economistas que voluntariamente figuren inscritos no mesmo, no ámbito das actuacións xudiciais, periciais ou de auditoría.
O TAP ten ademais a finalidade de cumprir o establecido no art. 27.3 da Lei 38/2011, Concursal, e no art. 341.1 da Lei 1/2000, de Enjuiciamiento Civil, nos que se determina a obrigación dos Colexios de Economistas de remitir no mes de decembro aos Decanatos dos Xulgados do seu ámbito territorial (no mes de xaneiro para a Lei de Enjuiciamiento Civil), as listas para actuacións periciais e concursais.
- Requisitos a cumprir
-
A incorporación ás listas da Quenda de Actuación Profesional require o cumprimento dos seguintes requisitos.
Requisitos xerais para todas as listas:
- Estar colexiado -como ejerciente por conta propia- no Colexio de Economistas de Ourense ou sociedade profesional inscrita no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio.
- Estar ao corrente no pago das cotas.
- Cumprimentar a solicitude que para ese efecto facilitará o Colexio, acompañando a documentación acreditativa correspondente.
- Non estar a cumprir sancións de calquera orde que inhabiliten para o exercicio da profesión no ámbito material propio da relación de que se trate, nin estar sometido a suspensión cautelar que produza dita inhabilitación.
- No caso de que o profesional fose obxecto de baixa forzosa no TAP, que transcorrese, desde a data de efectividade da última baixa así producida, tres anos ata a solicitude de readmisión.
- Para a renovación anual, acreditar cumprir no último ano os requisitos de formación continuada.
- Aceptar expresamente a publicación dos seus datos nas listas do TAP, todo iso de acordo coa LOP.
- Aceptar expresamente o estipulado no artigo de Regulamento do TAP referido á aceptación do encargo.
Requisitos específicos:
- Expertos contables: estar inscrito no REC como experto contable acreditado.
- Rexistro de Mediadores: os establecidos polo Real Decreto 980/2013 (formación específica homologada e seguro de responsabilidade civil profesional).
- Administradores concursais: conforme ao actual artigo 27 da Lei Concursal.
NOTA: estes serán os requisitos esixibles en tanto non entre en vigor o desenvolvemento regulamentario que regulará o acceso á profesión.
En xeral: calquera outro requisito que veña esixido polo ordenamento xurídico para as actividades de que se trate, e respecto das relacións que afecten.
Requisitos de formación continuada (para renovacións):- Para a Lista de Peritos: 12 horas.
- Para a Lista de Administradores Concursais: 20 horas anuais das que, polo menos 16, haberán de ser necesariamente en materia concursal e societaria, os 4 restantes poderán ser igualmente en materia concursal ou en materias afíns.
- Expertos contables. as esixidas polo REC (20 horas anuais de formación continua en contabilidade e materias afíns, que deberán estar homologadas polo REC).
- Rexistro de mediadores: 20 horas de carácter eminentemente práctico, polo menos cada 5 anos (segundo RD 980/2013).
- Listas TAP 2022
-
As Listas da Quenda de Actuación Profesional (TAP) é un servizo do Colexio de Economistas de Ourense que ten por obxecto atender as peticións de traballo profesional que se realicen por calquera persoa física, organismos e entidades públicas e privadas cara aos colexiados que voluntariamente figuren inscritos no mesmo, no ámbito das actuacións xudiciais e periciais.
Calquera colexiado ou sociedade profesional inscrita no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio pode inscribirse nas listas do TAP, sempre que cumpra os requisitos establecidos para iso.
Ademais, mediante os acordos adoptados polo Consello Galego de Colexios de Economistas, a xestión do TAP realízase de forma conxunta entre o catro Colexios de Economista de Galicia, facilitando as seguintes vantaxes:
- A pertenza a calquera dos Colexios provinciais facultará para solicitar a inclusión nas listas dos Colexios das outras provincias galegas.
- Os colexiados poderán apuntarse, a través do seu Colexio, nas listas da provincia ou provincias que consideren dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
- As solicitudes entregaranse no Colexio ao que corresponda o colexiado solicitante, indicando no recuadro correspondente en que listas de cada provincia quere figurar.
Importante: a actuación fóra da provincia correspondente ao domicilio do colexiado non poderá devengar gastos de desprazamento derivados desta circunstancia.
Os formularios para a inclusión ou renovación nas LISTAS TAP 2022 están dispoñibles debaixo, na sección "Documentos".
IMPORTANTE: O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de novembro.
ENVIAR A: colourense@economistas.org