VISITA Ao GRUPO CUEVAS
Hoxe 9 de setembro, l@s alumn@s participantes no Curso de Extensión Universitaria "Ourense 2030: Desenvolvemento Turístico Rural", realizaron un percorrido polas instalacións que GRUPO CUEVAS ten no Polígono de San Cibrao das Viñas.
Os asistentes puideron coñecer a zona de oficinas onde se sitúan os diferentes departamentos (compras, vendas, mercadotecnia e comunicación, administración, Sistemas, Vendas...); a plataforma loxística onde se lle explicou que camiño segue a mercadoría desde que entra no almacén... como se lle dá entrada, cal é o sistema de localización, que significan os díxitos e as etiquetas que se lle aplica a cada palé, etc... Ademais comprobaron, a través dunha simulación, como se prepara un pedido co sistema de picking voz utilizado pola compañía e seguido a ruta ata a zona de saída/expedición da mercadoría cara aos diferentes destinos do rural cos que traballa esta empresa. Para finalizar achegáronse ata a zona de xestión de residuos.
Unha vez máis desde o Colexio de Economistas de Ourense, queremos agradecer ao GRUPO CUEVAS a súa colaboración con esta corporación.