Torneo Nacional de Debate Económico - 4ª Edición

Novas
15/12/2025
IMAXE

Convócase a 4º edición do Torneo Nacional de Debate Económico para estudantes de Bacharelato e de Ciclo Formativo de Grao Medio. É un proxecto innovador tanto desde o punto de vista das actividades habitualmente impulsadas polos Colexios Profesionais como desde a perspectiva dos centros de educativos no ámbito de Ourense. Os obxectivos que perseguimos con esta actividade son aproximar a realidade da nosa contorna económica e empresarial aos alumnos de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e favorecer a adquisición de habilidades vinculadas ao traballo en equipo, a procura de información, a confrontación de argumentos e a oratoria.

O Torneo consta de dúas fases: unha LOCAL (ámbito territorial do Colexio) e outra NACIONAL. O centro educativo vencedor da primeira fase a nivel local pasará a competir na segunda fase a nivel nacional e na sede do Consello Xeral de Economistas de España, cos vencedores do resto dos Colexios de Economistas participantes.

Cada centro educativo que participe na fase local deberá inscribir na competición a un equipo, composto por un máximo de seis estudantes de primeiro ou de segundo de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio que deberá debater sobre un o tema É a utilización do diñeiro dixital máis eficiente e responsable que o diñeiro en efectivo?, que aínda que terá carácter económico, desde a organización procurarase que calquera estudante, sen necesidade duns coñecementos especiais na materia, poida ter unha opinión formada sobre o mesmo, polo que estará aberto a todos/as os/as alumnos/as, e non só a aqueles/as que cursen materias específicas do ámbito económico.

Se estás interesado/a en participar escribe un e-mail a: colourense@economistas.org