O COLEXIO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTURA TÉCNICA DE OURENSE
Novas
17/10/2022

Na sede colexial, reuníronse Darío López, presidente do Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos de Ourense e Carmen Sampayo, decana-presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, para asinar un convenio de colaboración que, sen dúbida contribuirá a reforzar a relación entre ambas as entidades. Na firma estivo presente a tesoureira da Xunta de Goberno do Colexio, Teresa Cuñarro, quen promoveu este acordo.
O presidente do arquitecto técnicos da cidade, obsequiou ao colectivo de economistas cun exemplar de "O Aparellador e a súa Profesión en Galicia", editado polo Consello Galego de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación, que se incorporará ao fondo bibliográfico da corporación.