ACTO DE TOMA DE POSESIÓN

Novas
31/03/2023
FOTO DE GRUPO

O día 29 de marzo tivo lugar, nun acto público celebrado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, a toma de posesión dos seus cargos dos membros da nova Xunta de Goberno do Colexio, xurdida do proceso electoral que culminou o día 21 de marzo.

Tras o saúdo inicial da decana-presidenta, Carmen Sampayo, e do presidente de Consello Galego de Economistas, Miguel Anxo Vázquez Taín, quen dirixiu o acto, interviñeron os anteriores decanos da corporación Anxo Pascual e Guillermo Dez, que fixeron un breve percorrido histórico da organización colexial desde o seu nacemento, mencionando cada un deles algunha que outra anécdota vivida nos seus respectivos decanatos. 

O momento máis solemne do acto resultou ser aquel en o que cada un dos membros do novo equipo directivo, xurou ou prometeu a súa lealdade á Constitución e o cumprimento da a Lei de Colexios Profesionais, os Estatutos colexiais e o Código Deontolóxico. 

O instante máis emotivo do acto protagonizárono os membros saíntes da Xunta de Goberno anterior, que recibiron de mans da representante do Colexio e do presidente do Consello Galego un recoñecemento en agradecemento á súa dedicación ao Colexio.  

No seu discurso final, a decana-presidenta, tras agradecer a colaboración recibida durante o catro anos predecesores e o esforzo e dedicación de todo o seu equipo anterior e do persoal do Colexio, referiuse ao compromiso de potenciar o labor da entidade, a igualdade de xénero, a solidariedade e a xeración de oportunidades, ademais de pór en relevo a importancia da existencia dun Colexio de Economistas na provincia, que garanta unha atención profesional ofrecida por persoas capacitadas para o seu desenvolvemento, xa que contan cos coñecementos, as habilidades e a actitude para facelo de forma correcta. Así mesmo brindou o apoio e colaboración da entidade dentro das súas competencias e nos termos previstos nas Leis e nos Estatutos, tanto ás organizacións públicas como privadas. Para finalizar a súa intervención dedicou unhas  palabras de agradecemento a todos os asistentes ao acto e ao seu novo grupo por unirse a ela neste labor de equipo á fronte da corporación. 

O evento concluíu cun ágape, no que os asistentes, representantes de institucións relacionadas coa corporación, presidentes doutros Colexios Profesionais e de entidades e asociacións coas que colabora o Colexio de Economistas de Ourense, puideron felicitar aos membros da nova Xunta de Goberno e manifestar os seus mellores desexos aos membros saíntes.