ACTO DE HONRAS

Novas
10/06/2022
De esquerda a dereita, D. Antón Costas, Dna. Carmen Sampayo, D. Miguel Santalices, D. Guillermo Dez, D. Gabriel Alén, D. Valentí Pich

A Xunta de Goberno do Colexio de Economistas de Ourense, acordou na súa reunión celebrada o 7 de febreiro de 2019, por unanimidade dos seus membros, conceder a distinción de “Colexiado de Honra” a D. Guillermo Dez Igrexas, en recoñecemento á súa contribución na constitución, desenvolvemento, consolidación e proxección social da organización colexial e á súa inestimable dedicación como decano-presidente.

Guillermo Dez, foi un dos impulsores na constitución do Colexio de Economistas de Ourense en 2004 e decano-presidente deste colectivo profesional no período 2013 - 2019. Durante o seu mandato produciuse a fusión do Colexio de Economistas de Ourense co Colexio de Titulados Mercantís, entón presidido por D. Carlos Quintas, sendo Ourense a primeira provincia galega en materializar a unificación de ambos os colectivos profesionais.

Por todo iso, o 20 de maio de 2022, o Colexio rendeu homenaxe ao galardoado nun acto celebrado na Sede Afundación Ourense, presidido por D. Miguel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia, D. Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, D. Antón Costas Comesaña, presidente do Consello Económico e Social de España, D. Valentí Pich Rosell, presidente do Consello Xeral de Economistas de España, D. Miguel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas e Dna. Mª da Carmen Sampayo David, decana-presidenta do Colexio de Economistas de Ourense.

Esta mesma distinción honorífica, osténtana ademais, o tamén exdecano D. Angel Pascual Rubín, e os empresarios D. Manuel Gómez-Franqueira e D. Emilio Pérez Neto, presidentes de COREN e do Grupo Pérez Rumbao, respectivamente.