ACTO DE GRADACIÓN DO CURSO ACADÉMICO 2015-19 DA FACULTADE DE CC.EE. E TURISMO DE OURENSE

Novas
10/06/2022
De esquerda a dereita Dna. Mª da Carmen Sampayo e Dna. Paula Gamallo

No salón Marie Curie do Edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense, tivo lugar o acto académico de gradación dos/as alumnos/as da IX Promoción do Grao en Turismo e a X Promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas.

No transcurso do acto, interveu a secretaria xeral da Xunta de Goberno do Colexio, Dna. Isabel Igrexas Arce quen deu lectura á acta de 30 de marzo na que quedou recollido o acordo de conceder o premio aos mellores expedientes académicos das titulacións do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Turismo.

Nesta ocasión as premiadas foron:

  • Paula Gamallo Carballude, no Grao en Administración e Dirección de Empresas e,
  • Elena María Rodríguez Igrexas, no Grao en Turismo

A decana do Colexio, Dna. Mª da Carmen Sampayo David, fixo entrega dun obsequio ás alumnas galardoadas, que no caso da alumna premiada no Grao en Turismo, foi recollido pola súa nai por non poder asistir ela persoalmente por motivos profesionais.