3ª EDICIÓN DO CONCURSO AUDIOVISUAL DE EDUCACIÓN FINANCEIRA

Novas
17/10/2022
Cartel Concurso

O Colexio de Economistas de Ourense en apoio ao compromiso de fomentar a Educación Financeira, colabora un ano máis, na terceira edición do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira organizado polo Consello Xeral de Economistas de España, convocando a participar na fase local a todos os centros educativos que imparten Bacharel e Ciclos Formativos de Grao Medio da provincia. A inscrición dos centros está aberta desde onte xoves 6 de outubro, e a data límite de recepción dos traballos presentados ao Concurso será o 16 de decembro do presente.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan de Educación Financeira do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores, da que o Consello Xeral de Economistas de España é colaborador, e cuxo lema deste ano está en relación coa Educación para unhas finanzas máis seguras.

O contido audiovisual, e máis concretamente os vídeos educativos, son un da compoñentes clave das experiencias educativas online vividas polos estudantes de todo o mundo durante estes últimos anos como consecuencia da pandemia do coronavirus. A diferenza coas clases que reciben os estudantes, nesta actividade, serán os propios estudantes os que deberán mostrar a súa capacidade argumentativa e a súa claridade e concisión á hora de transmitir mensaxes, ao mesmo tempo que fomentarán a súa orixinalidade, creatividade e motivación no estudo de temas económicos presentes no día a día. Por iso, esta iniciativa ten como obxectivo o aproximar a realidade da nosa contorna económica e empresarial aos estudantes e favorecer a adquisición de habilidades vinculadas ao traballo en equipo, a procura de información, e a forma de exposición da mesma.

Deste xeito, os alumnos participantes – en equipos de 6 persoas como máximo- deberán realizar un vídeo – dunha duración máxima de 4 minutos- co que transmitir, con mensaxes curtas e claros a súa postura sobre a cuestión: “Do colchón á nube: a seguridade das túas finanzas ten un prezo”.

O equipo do Centro Escolar que resulte vencedor na fase provincial organizada polo Colexio de Economistas de Ourense, pasará a competir na fase nacional, estruturada polo Consello Xeral de Economistas de España, onde confrontará a calidade do seu vídeo co dos outros equipos participantes, pertencentes aos diferentes Colexios de Economistas e de Titulares Mercantís de todo o país, que se sumaron a esta iniciativa.