Quen pode solicitar os certificados electrónicos proporcionados polo Colexio?
- Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas pertencentes ao Colexio de Economistas de Ourense e os seus clientes
- Todas aquelas persoas xurídicas inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas de Ourense ou cuxo capital social pertenza, polo menos nun 50%, a colexiados ejercientes membros do Colexio
A prestación do servizo realizarase a través da entidade:

Certificados Dixitais por procesos telemáticos sen necesidade de deslazarse á sede Colexial.
O Consello Xeral de Economistas actúa como Autoridade de Rexistro e o Colexio de Economistas de Ourense actúa como Operador de Rexistro do Consello Xeral de Economistas para a xestión do ciclo de vida dos certificados.
UANATACA é un Prestador de Servizos de Confianza Cualificados (PSC), de acordo co Regulamento (UE) Nº 910 / 2014 (eIDAS) sobre firma electrónica, selo electrónico e selado de tempo. Prestan servizos de hosting PKI, emisión e xestión de certificados dixitais, custodia centralizada de claves e firma electrónica remota a múltiples Prestadores de Servizos de Confianza no mundo.
As firmas e certificados dixitais de UANATACA están axustados á normativa europea polo que teñen idéntica validez aos emitidos pola FNMT.
TIPOS DE CERTIFICADO DIXITAL
Para reforzar a evidencia de identificación, necesaria para a emisión do certificado dixital, nalgúns casos, poderá requirirse o establecemento dunha videoconferencia.
- Certificado de persoa física cidadán (colexiado e cliente de colexiado)
- Certificados de persoa física colexiado. É un certificado de persoa física pero vinculado ao Colexio, con información do seu número de colexiado e colexio de pertenza
- Certificado de Persoa Física Representante de Persoa Xurídica ante as Administracións Públicas
CERTIFICADO PERSOA FÍSICA CIDADÁN
- Quen pode obter este certificado? Todos os colexiados e clientes dos devanditos colexiados
- Para que serve este certificado? Habilita a unha persoa física para presentar documentos no seu propio nome fronte a terceiros xa sexan a Seguridade Social, a Axencia Tributaria, etc. Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.) con Firma Avanzada
Documentación necesaria para COLEXIADOS:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
Documentación necesaria para CLIENTE DO COLEXIADO:
Toda a documentación deberá ser remitida polo colexiado, tanto a súa como a do cliente
a.-Do cliente do colexiado:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
b.- Do colexiado:
- Designación de operador. Documento polo cal o colexiado se comprometa e fai responsable da identificación dos clientes.
- Evidencia de identificación. O colexiado deberá acreditar a identificación do seu cliente.
PREZOS (IVE incluído)

FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (ABANCA): É23 2080 5252 9830 4026 5931.
CERTIFICADO PERSOA FÍSICA COLEXIADO
- Quen pode obter este certificado? Todos os colexiados. É un certificado de persoa física pero vinculado á corporación, con información do seu número de colexiado e Colexio de pertenza.
- Para que serve este certificado? Do mesmo xeito que o resto de certificados de persoa física, habilita a unha persoa física para presentar documentos no seu propio nome fronte a terceiros xa sexan a Seguridade Social, a Axencia Tributaria, etc. Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.) con Firma Avanzada. Ademais, ten como singularidade e valor engadido a identificación profesional da súa colegiación.
Documentación necesaria:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
PREZOS (IVE incluído)

FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (ABANCA): É23 2080 5252 9830 4026 5931.
CERTIFICADO DE PERSOA FÍSICA REPRESENTANTE DE PERSOA XURÍDICA ANTE As ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Quen pode obter este certificado?
- Todas aquelas persoas físicas colexiadas no Colexio de Economistas de Ourense
- Todas aquelas persoas físicas que sexan clientes dun colexiado inscrito no Colexio de Economistas de Ourense.
Para que serve este certificado?
- Habilita a unha persoa física para representar a unha persoa xurídica antes as Administracións Públicas
- Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.)
Documentación necesaria:
Do usuario do certificado:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
- Documento acreditativo dos poderes de representación
Da Empresa:
- O Colexio de Economistas de Ourense consultará no Rexistro Mercantil os datos da empresa. Se non fose posible conseguilo solicitaralle a seguinte documentación:
- Escritura de constitución da sociedade
- Certificado ou nota simple do Rexistro Mercantil cos datos relativos á constitución, NIF e personalidade xurídica da empresa (a data de emisión do certificado ha de ser inferior a 30 días)
Do Colexiado:
- Designación de operador. Documento polo cal o colexiado se compromete e fai responsable da identificación dos clientes.
- Evidencia de identificación. O colexiado deberá acreditar a identificación do seu cliente.
- No caso de entidade non mercantil: Certificado de veracidade da información.
PREZOS (IVE incluído)

FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (ABANCA): É23 2080 5252 9830 4026 5931.