Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

Boletín do asesor (marzo 2019)

O Congreso dos Deputados rexeitou o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 presentada polo Goberno que preside Pedro Sánchez e que recollían un maior gasto en aspectos sociais como a subida das pensións, a dependencia, as bolsas ao estudo ou a loita contra a violencia de xénero. A votación concluíu con 191 votos a favor das emendas, 158 en contra e 1 abstención. O Goberno contou co apoio de Podemos e o Partido *Nacionalsta Vasco para tramitar estes errados *presupuestros, mentres Partido Popular e Cidadáns, xunto cos *indeendentistas cataláns (*Esuerra Republicana de *Catalubya e Partido Demócrata *Catalá) votaron en contra da súa tramitación. Este rexeitamento supuxo que Pedro Sánchez convoque eleccións para o próximo 28 de abril.

 

No artigo fiscal, Novidades fiscais aplicables en 2019, realízase un repaso ás numerosas novidades fiscais que entran en vigor ao longo deste ano, a través de sinxelos cadros explicativos.

 

As 10 claves para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego, é o artigo laboral que nace por mor da publicación do real Decreto-lei 28/2018, de 28 de decembro. Ademais, con motivo da publicación do Real Decreto 1462/2018, de 21 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2019, explícanse as cuestións craves deste aumento.

 

O apartado mercantil proporciónanos un interesante artigo sobre Información non financeira e dereito de separación de socios. O estado de información non financeira debe describir os procedementos de dilixencia debida aplicados pola empresa e, cando sexa pertinente e proporcionado, en relación coas súas cadeas de subministración e *subcontratación, co fin de detectar, previr e atenuar efectos adversos existentes e potenciais.

 

Por último,  un proxecto de Real Decreto polo que se *midifica o *PGC, o *PGCPYMES, as *NOFCAC e a adaptación a entidades sen fins lucrativos, que sería de aplicación a partir de 1 de xaneiro de 2020, e un segundo proxecto que reformaría o Regulamento que desenvolve a lei de Auditoría de Contas son a base do artigo contable, Futuros reformas sobre contabilidade e auditoría.

 

Accede ao boletín nos apartado Documentos


Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade