Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

Novas

I PREMIO DE INVESTIGACIÓN

29/11/2013

Nova: I PREMIO DE INVESTIGACIÓN

Na mañá de onte xoves 28 de novembro, tivo lugar o Acto de entrega dos premios correspondentes ao I PREMIO DE INVESTIGACIÓN organizado conxuntamente polo Colexio de Economistas de Ourense e a Facultade de CC.EE. e Turismo da nosa cidade.

Asistiron ao acto como representantes das entidades implicadas no galardón, Guillero Díez,  decano do Colexio de Economistas de Ourense; Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Alberto Vaqueiro, director da área de Descentralización do...

Nova completa

RESOLUCIÓN DO I PREMIO DE INVESTIGACIÓN COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE PARA TFGs

13/11/2013

Nova: RESOLUCIÓN DO I PREMIO DE INVESTIGACIÓN COLEXIO DE ECONOMISTAS DE OURENSE PARA TFGs

Facemos pública a resolución do I Premio de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense para TFGs. O premio foi para Mercedes Seoane Álvarez, e os dous accésits para Gabriel Alonso Martínez e Leticia Fernández Rivero.

O acto de entrega terá lugar o xoves 28 de novembro nun acto institucional na aula Magana da Facultade de CC.EE. e Turismo de Ourense.

Máis información nos apartado documentos. 

Nova completa

SEMINARIO:" Valoración de empresas:PEMES"

06/11/2013

Nova: SEMINARIO:" Valoración de empresas:PEMES"

Xoves 21 de novembro de 2013

Relator: D. Juan Carlos Ramos Maneiro

Socio de PricewaterHouseCoopers en Galicia

PROGRAMA:


- Perspectiva xeral da sesión e obxectivos
- Introdución aos conceptos crave dunha valoración
- Enfoques e metodoloxías de valoración

- Verificacións e recomendacións

Xornada homologada polo REFOR (Rexistro de Economistas Forenses) aos efectos do cumprimento dos requisitos de formación en pericial establecidos polo Colexio de Economistas de Ourense para 2014

Máis información...
Nova completa


SEMINARIO: "TRATAMENTO FISCAL DAS PENSIÓNS PERCIBIDAS DO ESTRANXEIRO"

04/10/2013

Nova: SEMINARIO: "TRATAMENTO FISCAL DAS PENSIÓNS PERCIBIDAS DO ESTRANXEIRO"

“Tratamento fiscal das pensións percibidas do estranxeiro”

Mércores 23 de outubro de 2013

 

Relator: D. Luís Caride Sierra

 Xefe da Dependencia de Xestión Tributaria da AEAT en Ourense

 

PROGRAMA:


- A obrigación de declarar as pensións de viuvez, orfandade, xubilación,…
- Convenios de colaboración cos países europeos
- Convenios de dobre imposición con países europeos. Casos especiais. Sentenzas

- Acordos e convenios con outros países (Venezuela, Arxentina, Estados Unidos,…...
Nova completa


I PREMIO DE INVESTIGACIÓN Colexio de Economistas de Ourense - Facultade de CC.EE. e Turismo de Ourense

01/10/2013

Nova: I PREMIO DE INVESTIGACIÓN Colexio de Economistas de Ourense - Facultade de CC.EE. e Turismo de Ourense

En base ao acordo de colaboración asinado o pasado 8 de xullo de 2013 entre o Colexio de Economistas de Ourense e a Universidade de Vigo, convócase o I PREMIO DE INVESTIGACIÓN Colexio de Economistas de Ourense - Facultade de CC.EE. e Turismo de Ourense ao que poderán optar aqueles alumnos que presentando os seus traballos de Grao de contido económico e empresarial no Curso 2012-13, reúnan as condicións expostas nas bases da convocatoria.

Ver BASES da Convocatoria en DOCUMENTOS

 

 

Nova completa

2ª SESIÓN II CURSO PRÁCTICO "LEI CONCURSAL"

10/07/2013

Nova: 2ª SESIÓN II CURSO PRÁCTICO "LEI CONCURSAL"

EFECTOS DO CONCURSO

Efectos da declaración do concurso

Efectos sobre os contratos de traballo

Contratos con obrigacións recíprocas

Arrendamentos

Resolución de contrato

DÍA: Xoves, 3 de outubro

HORARIO: 16,30 – 20:00 h

LUGAR: Salón de Actos. Ilustre Colexio de Avogados de Ourense (C/ Concello, 22, Baixo)

 

Xornada homologada polo REFOR (Rexistro de Economistas Forenses do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España)

Nos apartado documentos atoparás o PROGRAMA e a SOLICITUDE...

Nova completa

ACORDO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE VIGO

10/07/2013

Nova: ACORDO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE VIGO

O Colexio de Economistas de Ourense e a Universidade de Vigo presentaron, o luns 8 de xullo, un acordo de colaboración co obxectivo de ampliar a oferta formativa dos alumnos e promover o desenvolvemento científico e tecnolóxico.

O Decano do Colexio de Economistas, D. Guillermo Díez Igrexas, destacou especialmente a necesidade de mostrarlle aos alumnos do Grao en Administración e Dirección de Empresas, a realidade económica que se atoparán ao termo dos seus estudos.

O Colexio de Economistas de Ourense...

Nova completa

CREACIÓN NOVO CONSELLO XERAL DE ECONOMISTAS

30/05/2013

Nova: CREACIÓN NOVO CONSELLO XERAL DE ECONOMISTAS

O pasado 24 de maio, na sede dos Economistas de España, tomaron posesión dos seus cargos os membros do primeiro Pleno do novo Consello Xeral de Economistas, que se crea coa unificación do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España e o Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulares Mercantís de España e que á súa vez, elixiron aos membros da súa Comisión Permanente.

 

Esta unificación realízase por dous motivos fundamentais; en primeiro lugar, historicamente a actividade profesional...

Nova completa

SEMINARIO: "SOCIAL MEDIA para economistas. Como xestionar a túa marca persoal nunha nova realidade"

25/03/2013

Nova: SEMINARIO: "SOCIAL MEDIA para economistas. Como xestionar a túa marca persoal nunha nova realidade"

Na nova contorna competitiva, a creación e xestión de comunidades en Internet converteuse nunha disciplina vital. A nova xeración M ou xeración Multimedia relaciónase coa súa contorna persoal, profesional e empresarial a través destas comunidades (sexan redes sociais, blogues ou outro tipo de foros), que atesouran millóns de usuarios. Os novos consumidores están a modificar a maneira de comunicarse e relacionarse das empresas coa súa contorna: todo é máis directo, sen intermediarios e sobre todo...

Nova completa

NOVO BOLETÍN "ENTRE NÓS" marzo 2013

15/03/2013

Nova: NOVO BOLETÍN "ENTRE NÓS" marzo 2013

Iniciamos un novo ano no que se continúan aplicando medidas fiscais que requiren novos esforzos para os contribuíntes. No artigo dedicado ao ámbito fiscal, analízanse as dúas últimas normas aprobadas para conseguir o obxectivo de redución do déficit público: a Lei 16/2012, de 27 de decembro, pola que se adoptan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica, e a Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o...

Nova completa

Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade