Logotipo do Colexio de Economistas de Ourense
  • Img 988 214 844
  • ImgMail
  • ImgFacebook
  • ImgTwitter
  • ImgYouTube

V PREMIOS FUNDACIÓN BBVA FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO

07/02/2012

Nova: V PREMIOS FUNDACIÓN BBVA FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO

A Fundacción BBVA, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), anuncia a quinta convocatoria dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento e convídanos a participar no nomeamento de candidatos/as a través do Colexio. As bases e información sobre o procedemento de nomeamento poden consultarse na páxina web: www.fbbva.es/awards.

Estes premios recoñecen a investigación e creación de excelencia, plasmada en avances científicos particularmente significativos de natureza teórica, metodolóxica ou empírica, en innovacións e desenvolvementos tecnolóxicos, así como en obras excepcionais e estilos interpretativos singulares en música contemporánea. Recoñécense tamén os esforzos de natureza diversa (desde a investigación a programas prácticos) para facer fronte a dous desafíos da sociedade global do s. XXI: o cambio climático e a cooperación ao desenvolvemento.

Os premios están dotados, en cada unha das súas categorías (Ciencias Básicas -Física, Quimica, Matemáticas-, Biomedicina,Ecoloxía e Bioloxía da Conservación, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Economía, Finanzas e Xestión de Empresas, Música Contemporánea, Cambio Climático e Cooperación ao Desenvolvemento), con 400.000 euros, un diploma e un símbolo artístico.

 

 


Copyright, Aviso Legal, Pol�tica de privacidade e Accesibilidade